lunes, 26 de mayo de 2025

FESTIVAL

Ola, familias!

O venres fixemos unha gran festa no cole e pasámolo xenial. Comezamos a mañá cunha xincana e moito xogo; ata que chegou o momento máis esperado: o festival de fin de curso.



Pola tarde fixemos un baile cos nenos e nenas de 3 anos, de Cantaxogos, diante das nais, dos pais, das avoas, dos avós, das irmás,... da canción titulada “Cosquillas". Quedou moi xeitosa e divertímonos moito 😃.



Mirádeo de novo 😉.