viernes, 10 de octubre de 2025

EXPLORANDO O OUTONO EN PROFUNDIDADE!

Ola familias! 😊

Esta semana vivimos unha chea de experiencias chulísimas. 

Os nenos e as nenas de 6º de Infantil e a profe Bárbara convidáronnos á súa clase para descubrir e probar as froitas típicas do outono. 

Ademais, creamos nosa propia vendima no cole! Foi super divertido converternos en vendimiadores e vendimiadoras, onde descubrimos os tipos de uvas que hai, quitámolas do acio e pisámolas para facer o mosto.

Tamén fixemos outras actividades sensoriais dunha forma moi especial, cos ollos pechados! Os nenos e nenas cos ollos tapados manipularon diferentes elementos do outono (follas, piñas, paos, castañas...) e tiñan que tratar de adiviñar de que se trataba. 

Ensinámosvos un pouquiño desta fantástica semana.

Unha forte aperta e boa fin de semana! 💗