jueves, 30 de octubre de 2025

SAMAÍN

 Ola, familias!!!😊

Esta semana foi terroríficamente emocionante, xa que celebramos a semana do Samaín

Preparamos un montón de cousas para decorar a nosa aula e o resto do cole: fixemos pantasmas xogando co sopro, trouxemos ao cole unhas cabaciñas decoradas na casa, creamos pegatinas de fantasmas, traballamos co conxuro da queimada...

E, por último… chegou o gran día: a festa do Samaín!
Disfrazámonos, fixemos unha gran merendola e desfilamos diante de todo o colexio.

Foi unha semana na que o pasamos de medo!! 

Esperamos que vos guste.

Unha forte aperta e boa ponte!💗