miércoles, 12 de noviembre de 2025

AS VIAXES DE FOCA

 Ola familias! 😊

Esta semana, Foca volveu á nosa clase despois de viaxar por todas as casiñas dos nosos nenos e nenas. 

Primeiro visitou a casa e a familia de Blanca: foi con eles á aldea e pasárono xenial. Despois viaxou á casa de Pablo; xogaron moito e foi á praia con toda a familia. Ao volver,  marchou con Mateo, durmiron todos os días xuntos e compartiu moitos momentos con él e coa súa curmá. E, para finalizar, foi con Nerea e viaxou ata Portugal!

Foca regresou moi contenta de convivir durante todas estas semanas cos nenos e nenas de 5º de Infantil...e Blanca, Pablo, Mateo e Nerea aínda máis!

Unha aperta! 💗💗💗