lunes, 15 de diciembre de 2025

EXPERIMENTANDO!

Ola familias! 😊

Na nosa aula sempre está moi presente a importancia do lavado das mans. Por iso, realizamos un experimento para recorar que é indispensable o uso do xabón para a eliminación de todos os xermes.

Botamos auga nun plato e purpurina por encima, que simulaba os xermes que se acumulan nas nosas mans e en todo o que tocamos a diario. Despois botamos xabón nas man e tocamos a purpurina, e por arte de maxia... a pupurina desaparecía!

Desta forma, comprendimos que a única forma de eliminar todos eses bichiños que non vemos a simple vista é realizando un bo e completo lavado de mans.

Ensinámosvos!

Unha aperta!💕