Ola familias!😊
Hoxe na clase realizamos unha actividade moi especial para favorecer a autoestima e a cohesión do grupo. Colocámonos no chan facendo un círculo e fumos pasando un nobelo de la os unos aos outros. Ao pasalo tiñamos que dedicarlle unhas palabras bonitas ou algo que nos gustase á persona que llo lanzábamos, creando de esta forma unha rede de cousas bonitas.
Gustounos moito dicir e que nos dixeran todas esas cousas positivas. Ensinámosvos!
Unha aperta!💕