viernes, 24 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO

Ola familias!😊


Esta semana co motivo do Día do Libro, no cole vivimos unha chea de experiencias! 

Durante todos os días da semana viñeron mamás, papás, padriños... a contarnos contos na nosa bibliotea. 

Despois, os nenos e nenas de primaria escenificáronnos unhas obras de teatro moi entretidas. E os maiores da ESO creáronnos un conto super chulo, ademais de reagalarnos unhas flores creadas por eles e elas con follas de libros.

Na clase realizamos actividades como a creación dun marcapáxinas.

Un saúdo!💖